Cando a luniña aparece
I o sol nos mares se esconde
Todo é silencio nos campos
Todo na ribeira dorme.
Quedan as veigas sin xente,
Sin ovelliñas os montes.
As fontes sin rosas vivas,
Os árbores sin cantores.
Vou preguntando ós airiños,
Vou preguntando ós pastores,
As verdes ondas pregunto
E ninguén, ai, me responde.
Os aires mudiños pasan,
Os pastorciños non me oien,
I as xordas ondas perdendo,
Outros penedos se rompen.
Que triste, que hora tan triste aquela
Onde o sol se esconde.
Quizás mentras eu peno
Nos meus pesares ti goces.
Cando a luniña aparece
I o sol nos mares se esconde
Todo é silencio nos campos
Todo na ribeira dorme.
Aí tes o meu corazón,
Si o queres matar ben podes.
Pero como estás ti dentro
Si o matas tamén ti morres.
La,la,la,la...
Mais de 15 cursos com aulas exclusivas, materiais didáticos e exercícios por R$49,90/mês.
Tenha acesso a benefícios exclusivos no App e no Site
Chega de anúncios
Mais recursos no app do Afinador
Atendimento Prioritário
Aumente seu limite de lista
Ajude a produzir mais conteúdo